A ESCOLA

HISTORIA

O 26 de setembro de 1886 tivo lugar a fundación da Escola de Artes e Oficios de Vigo, nunha casa situada na rúa do Circo, hoxe Eduardo Iglesias, case fronte ao Tamberlick. Foi un acto solemne, no que intervíu Eduardo Chao, na súa condición de presidente honorario do centro, que pronunciou “un entusiasta discurso excitando a todas las clases de la sociedad a dejar aparte las mezquinas ruindades políticas y prestar su apoyo a la Escuela”.
A Escola de Artes e Oficios tivo a súa primeira sede na calle del Circo número tres, un edificio propiedade  de Augusto Bárcena, que o construíu expresamente para sede desta, segundo recolle José Hervada na súa  Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Vigo.

Misión

A EMAO presenta peculiaridades respecto doutras Escolas; o feito de non estar suxeitos a unha lexislación que regule as súas ensinanzas, supón certos inconvenientes, pero ofrece a oportunidade de crearse e recrearse como unha escola singular, diferente, axeitada ás demandas da cidade e incardinada no seu proceso histórico e didáctico.
As ideas eixo entorno ás que se artella a conceptualización dos deseños curriculares son as seguintes:
1. A EMAO e unha escola que quere primar os Procesos Creativos: o deseño é pedra angular en todas as especialidades e punto diferenciador das súas ensinanzas.
2. A EMAO é unha escola que quere acadar a Excelencia Técnica: o rigor, a boa execución técnica, os bos acabados, a correcta elección de materiais. Ademais dun perfil creativo orientado ao deseño, perseguimos un perfil técnico, actualizado e orientado cara á optimización dos resultados.

Edificio

Arquitecto: Michel Pacewicz
Ano: 1897

O edificio foi construído en dúas etapas. Na primeira construíuse a fachada principal de García Barbón e o primeiro treito da rúa de Pontevedra e concluíuse en 1900. O seu dono, José García Barbón, cedello ao concello para dedicalo a Escola de Artes e Oficios e Biblioteca Pública. En 1902 engádeselle un corpo novo para dedicado ao ensino para mulleres. Esta ampliación remata en 1904.

Contacto

Endezo: Avenida García Barbón 5, 36201 Vigo
Teléfono: 986 228 088
Fax: 986 229 703
e-nderezo.escola: emao@vigo.org

Recursos

Nesta páxina os presentamos unha serie de ligazóns aos catálogos doutras bibliotecas, a páxinas de museos, de outros centros de formación en arte e oficios artesanos, entidades relacionadas coa artesanía, a música tradicional, a arte … e outras direccións relacionadas, en maior o menor grado, coas especialidades da nosa escola que poden ser de utilidade.