Super Xoves na Escola Municipal de Artes e Oficios [OUTRAS NOVAS]

Onte foi un día de moitas actividades na Escola, ademais das clases habituais tivemos unha visita guiada por varias aulas da Asociación Diversidades Acolle, unha Master Class impartida polo artista do coiro José María Bernardo Sappia (José Bernardo), a visita de Nelson Villalobos que fixo unha intervención directa xunto a Darío Basso (mestre  de pintura) e Federico Fernández (mestre de debuxo), interpretando a Picasso. Rematamos a tarde na hemeroteca coa conferencia “Vigo, cidade inclusiva e a súa diversidade” a cargo de Cipriano L. Jiménez Casas dentro do Forum 2023 do Instituto de Estudios Vigueses.

Master Class de José Bernardo

 

Visita da Asociación Diversidades Acolle

 

Visita de Nelson Villalobos e intervención pictórica con Darío Basso e Federico Fernández

 

Conferencia “Vigo, cidade inclusiva e a súa diversidade”