Este venres 11 de outubro contaremos coa presenza de Gladys Muñoz na hemeroteca da escola onde organizaremos unha charla informal sobre a técnica dos ex libris. Gladys iniciou os seus estudos na Escola de Belas Artes Rogelio Yrurtia e na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón na que se graduou como profesora de gravado.
Estudou técnicas de litografía no Taller Experimental de Gráfica da Habana.
Participou en exposicións e bienais de gravado, nacionais e internacionais, individuais e colectivas na disciplina de ex libris.
Participou e recibiu premios en competencias e exposicións nacionais e internacionais de gravado entre os que destacan:
XIV Bienal Internacional de pequeno formato e ex libris, Ostrów, Wielkopolski (2011).
Competición Internacional de Ex libris Kosciuszko, Wroclaw, Polonia (2012).
Competición Internacional de Ex libris Riešè Gymnasium, Lituania (2013).
Bienal Internacional de Pequeno Formato e Ex libris, Ostrów Wielkopolski (Mencións, 2014 e 2016).
Concurso Internacional de Ex libris do Quixote, Contratalla, Tarragona, Catalunya, España. (Mención, 2016).
http://ex-libris-argentina.blogspot.com/2020/09/cristina-gladys-munoz-argentina-1963.html
https://ra-bellasartesgranada.es/wp-content/uploads/2021/07/Exlibris-Catalogo-2018.pdf
http://gladysmunozgrabados.blogspot.com/