Aquí amosamos algunhas imaxes e algún breve vídeo do que foi a charla con Gladys Muñoz sobre o proceso dos Ex libris en policromía:
O pasado venres contamos coa presenza de Gladys Muñoz na hemeroteca da escola onde organizamos unha charla informal sobre a técnica dos ex libris. Gladys iniciou os seus estudos na Escola de Belas Artes Rogelio Yrurtia e na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón na que se graduou como profesora de gravado.
Estudou técnicas de litografía no Taller Experimental de Gráfica da Habana.
Participou en exposicións e bienais de gravado, nacionais e internacionais, individuais e colectivas na disciplina de ex libris.
Participou e recibiu premios en competencias e exposicións nacionais e internacionais de gravado entre os que destacan:
XIV Bienal Internacional de pequeno formato e ex libris, Ostrów, Wielkopolski (2011).
Competición Internacional de Ex libris Kosciuszko, Wroclaw, Polonia (2012).
Competición Internacional de Ex libris Riešè Gymnasium, Lituania (2013).
Bienal Internacional de Pequeno Formato e Ex libris, Ostrów Wielkopolski (Mencións, 2014 e 2016).
Concurso Internacional de Ex libris do Quixote, Contratalla, Tarragona, Catalunya, España. (Mención, 2016).
https://emaonlinecovid.blogspot.com/2024/10/gladys-munoz-e-os-seus-ex-libris.html
http://ex-libris-argentina.blogspot.com/2020/09/cristina-gladys-munoz-argentina-1963.html