Coa publicación das bases no BOP nº 25 do luns, día 7 de febreiro de 2022, ábrese o prazo de presentación de debuxos para o XXVI concurso de humor gráfico « Curuxa do humor» organizado pola concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene.
Os premios Curuxa pretenden recoñecer o labor dos mellores
humoristas gráficos do momento (tanto galegos como de calquera recuncho
de España), así como buscar unha maior proxección pública do Museo do Humor de Fene, un dos poucos no seu xénero no noso país e no mundo.
Nesta vixésimo sexta edición do concurso, o gañador de Curuxa
Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) recibirá 2000 € e un
diploma, o gañador do segundo premio, 1500 € e un diploma. Para a “Curuxa Nova”
(categoría para menores de 25 anos) convócase un primeiro premio,
dotado con 1.000 € e diploma, e un accésit, dotado con 500 € e
diploma.
O fallo do Xurado do XXVI Concurso “ Curuxa do
Humor” farase público nos dous meses seguintes á finalización do prazo
de presentación de traballos, anunciándose a través da páxina web www.fene.gal e dos diferentes medios de comunicación. O xurado estará
composto polo alcalde de Fene, o concelleiro de Cultura, o responsable
do Museo do Humor e tres humoristas gráficos ou expertos en humor gráfico nomeados polo Concello de Fene.