Patricia e Fran crean La Canalla onde traballan dende 1997 de xeito artesanal, con tecidos ecolóxicos, orgánicos ou sobrantes de produción, dando unha nova vida a excedentes téxtiles que, no circuÃto convencional, houberan acabado no lixo. Forman parte de ArtesanÃa de Galicia. Estan comprometidas co téxtil galego e activamente implicadas no oficio da costura.
Son costureiras por tradición familiar, o seu pai era tapiceiro creativo e a súa nai é artista téxtil. Fan pezas únicas [prendas de muller, home e sen xénero, e complementos: tocados, bolsos, cintos], prendas a medida, vestiario escénico e laboral e roupa de cama eticamente bella, feita en Galicia, en algodón orgánico.

Fan tamén suprareciclaxe dende LACANALLAalrescate: recuperan prendas con valor emocional ou de calidade para darlles unha nova vida; interveñen sobre a súa estrutura, textura, acabados… transformándoas en pezas contemporáneas.
Teñen unha fonda ancoraxe na indumentaria tradicional, de calquera época e lugar, e trasladan a pezas de deseño a sinxeleza das súas estruturas, a trazabilidade dos seus materiais e o seu gusto polo ornamento coma elemento identitario (adoitan aplicar a técnica do patchwork i estampane bordan a man moitas das súas pezas).
Envorcan a súa relación natural entre Moda e Cultura nas súas coleccións, no traballo escénico e no eido da formación, a través de actividades e obradoiros en centros de ensino, institucións, organizacións socio-culturáis e, con carácter académico, nos 13 anos de docencia de Patricia en Esdemga.
Levan anos rexistrando a memoria téxtil individual e colectiva a través de accións e obradoiros. Facendo esta memoria consciente a utilizan para crear. O téxtil é parte da súa traxectoria vital dende que chegan ao mundo. Piden á xente que escreba ou debuxe a prenda que lembran, con maior valor emocional, sobre un tecido en branco; con él desenvolven series limitadas de prendas que conteñen a súa pegada gráfica.

Neste 2022 cumpren 25 anos, un carto de século que celebran traballando, con novos encargos, colaboracións, vestiarios escénicos, rescates…e moitos proxectos que aÃnda aniñan no maxÃn.