V Edición do Día das Escritoras [OUTRAS NOVAS]

Hoxe 19 de outubro, celébrase a V edición do Día das Escritoras para destacar o traballo e o esforzo da muller. Organizado por quinto ano consecutivo pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM), coa idea de difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas, lembrar as dificultades ás que se enfrontaron e destacar o valor das súas obras. 

A iniciativa, á que se suman numerosas institucións nacionais, públicas e privadas, naceu en 2016 e celébrase o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús. O comisariado nesta quinta edición está a cargo de Elvira Lindo, quen
seleccionou ás autoras en torno ás que xirará a lectura dos textos. Tres
de elas, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Pura Vázquez,
representan ás letras galegas.

Tomando como referencia o acto organizado pola Biblioteca Nacional, esta tarde na nosa cidade, na sede da Deputación de Pontevedra, a terá lugar  unha lectura pública de fragmentos das obras destas escritoras por parte de mulleres e homes da cultura da provincia,
e se encadra na Alianza Local pola Axenda 2030 que impulsa a Deputación
coa celebración dos Días Mundiais relacionados co cumprimento dos ODS.

No acto, que comezará ás 19 horas, leranse fragmentos de obras das seguintes escritoras: “De Teresa de Jesús a Idea Vilariño, de Luisa Carnés a Alfonsina Storni, pasando por Elena Fortún, Luz Pozo, Concha Méndez, Mercé Rodoreda, Circe Maia,
Gabriela Mistral e tantas outras en cuxa escritura se reflicte o
esforzo de vivir, a vida traballada, o cansazo e a vontade de cumprir, a
pesar das trampas do camiño, cunha vocación túzara e intensa.”

O evento, que será introducido pola editora viguesa Teresa Zataraín, socia de «Clásicas e  Modernas«, terá estritas medidas anticovid-19 e por elo celebrarase cun formato consistente en dúas quendas de lectura con 10 intervencións cada unha delas.

Só unha parte das/os lectoras/es farán a lectura presencialmente
na sede da Deputación, na rúa Eduardo Chao, mentres o resto conectarase
a través da plataforma Zoom co obxectivo garantir en todo momento o
respecto ao aforo máximo. Ao mesmo tempo, para facilitar o seguimento
para o público interesado farase unha retransmisión do acto por streaming a través do portal www.depo.es.