O Ateneo Atlántico presenta Unha historia da arte galega, editorial Laiovento, o novo libro dE Carlos L.Bernárdez. O acto terá lugar o mércores 19 de abril, ás 19.30 horas, na nosa biblioteca . O autor estará acompañado polo historiador José Luís Mateo.
“Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das
últimas décadas, o obxecto do libro é realizar un achegamento á imaxe
artística galega, un anaco da tradición cultural europea producida nun
país que posúe unha singularidade histórica marcada. Na arte galega
foron proxectándose ao longo da historia as grandes correntes artísticas
da Europa Occidental, con variábeis ritmos de incorporación e en
sintonía con diferentes procesos históricos, e neles maniféstanse as
peculiaridades, as diferenzas locais, as discontinuidades e os achados
laterais a respecto dos períodos unificados da historia da arte. Alén
diso, desde o século XIX, asistiremos ao intento de definir unha arte
nacional, con diferentes denominacións segundo o momento histórico
(rexionalismo, nacionalismo), nun contexto onde artistas e pensadores
propiciarán coas súas reflexións unha lectura do pasado e presente
artístico galego. (Texto do propio libro e da web da editorial Laiovento)
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da
arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e
literarios e comisario de exposicións.