Presentación do Libro BAMBÚ de Isabel Blanco [OUTRAS NOVAS]

 O mércores 15 de febreiro ás 20:00 horas.

 

Isabel Blanco presenta o seu libro Bambú, acompañada pola arquitecta Pepa González e coa actuación da actriz Arantxa Treus.

‘Bambú’ –definido pola autora, Isabel Blanco, como “un artefacto”–,
foi ideado orixinalmente, segundo a súa propia confesión, como un relato
en prosa. Un conto que se negou a sí mesmo, podemos chegar a pensar, e
que preferiu converterse, con todo merecemento, nun longo poema. Como
tal será tratado nesta recensión. O artefacto confórmao a voz dunha muller que percorre as estancias da
casa na que se produxo a violencia: dende o berce, pasando polo
corredor, a cociña, a sala de estar, ata o balcón, no que unha planta de
bambú é o elemento protector.