13 Xuño ás 19:00
O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en
organizar o acto de entrega de premios da terceira edición do certame
Exeria de relatos curtos. Será mañá martes 13 de xuño de 2023, ás 19
horas, na nosa biblioteca. Haberá actuación musical, lectura dos
relatos premiados, intervención da presidenta do Ateneo e do presidente
do Xurado, e un viño galego de confraternización. A entrada será libre
até completar o aforo.
A encargada da música será a cantautora M.J. Pérez que, ao longo do acto, interpretará tres das súas composicións. A
presidenta do Ateneo Atlántico, LuÃsa Abad, e da fundación Xoán
Piñeiro, realizarán a presentación da terceira edición do certame
salientando a proxección que, aos poucos, está a conseguir.