Conferencia “Peinador Lines e súa aposta por Galicia” por Fernando Franco. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]

Familia Peinador. 1931

 Enrique Peinador Lines será o protagonista mañá xoves 29
ás 19:00 horas, do ciclo de conferencias “Balneario de Mondariz. A
historia e os seus personaxes” que se está desenvolvendo de maio a
decembro, fóra de xullo e agosto, na Biblioteca da Escola de Artes e
Oficios de Vigo con motivo da celebración do 150 aniversario do
Balneario. Un ciclo aberto a todo o público sen necesidade de
invitación. 

Unha investigación realizada polo xornalista Fernando Franco en 2006
para a revista “Mondariz” que se formatou como libro para a Editorial ir
Indo debulla a traxectoria dunha persoa clave non só no desenvolvemento da vila termal senón na cultura galega. Enrique Peinador Lines soubo desenvolver empresarialmente e insuflar máis carácter galego a este espazo, un imperio balneario capaz de competir cos máis evolucionados de Europa. 
 

Peinador Lines con Castelao e a Agrupación A Roda

 

Aínda que Enrique Peinador Lines xestionaba moitas liñas de
negocio, destacan as inquietudes culturais, xa que colaborou na
revistas Mondariz e A Tempada de Mondariz e en 1912 participou como
coautor na guía Mondariz-Vigo-Santiago de 167 páxinas, impresa en Madrid
por Rivadeneyra, para fomentar o turismo en Galicia e na
que participaron tamén investigadores da talla de Alfredo Vincenti,
Emilia Pardo Bazán, Celso García de la Riega ou Rafael Balsa de la Vega,
ademais promoveu dá Asociación para o Fomento do Turismo de Galicia. E
non perdeu oportunidade para atraer ao Balneario de Mondariz a figuras
da cultura da talla de Emilia Pardo Bazán, Castelao, Ramón Cabanillas
entre outras moi importantes da época a nivel galego e nacional.

Enrique Peinador Lines era un galeguista militante e
convencido, baixo a súa dirección do Balneario de Mondariz celebráronse
reunións de a Real Academia Galega.  

 

Reunión da Real Academia Galega en Mondariz