![]() |
Parte do Equipo EMAO diante do cadro de Darìo A. Basso * |
O pasado martes 22 de maio unha nutrida representación do persoal da Escola de Artes e Oficios fixo unha saÃda a cidade de Pontevedra. Esta visita encádrase na celebración do Ano Castelao con motivo do 75.º aniversario da morte de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao, que é o obxecto da próxima exposición temática no Espazo EMAO.
O artista, escritor, intelectual e polÃtico galeguista está
intimamente ligado ao Museo de Pontevedra. Castelao foi un dos seus
patróns fundadores e nel custódiase unha parte fundamental do seu
traballo artÃstico, con ao redor de 1.800 pezas, unha selección das
cales se expón en dúas salas no edificio que leva o seu nome.
Estas visitas inscrÃbense dentro do programa formativo e de relacións
interinstitucionais para o profesorado e persoal da Escola. Aquà tedes
algunhas fotos deste dÃa tan extraordinario.
A visita comeza na Unidade de Conservación e Restauración
do Museo.
Continua coa visita a exposición permanente do museo. Na colección de
arqueoloxÃa destacan, entre outras, as pezas de ouriverÃa, que inclúen o maior tesouro de ouro da prehistoria en Europa. O percorrido pola arte galega
comprende desde o século XIV ata principios do XXI, no que sobresaen o
único retablo medieval pintado galego que chegou ata os nosos dÃas, os
relevos barrocos de José Gambino e José Ferreiro, as paisaxes románticas
de Jenaro Pérez Villaamil, as e os pintores da xeración doente e os
nomes que marcaron o devir artÃstico do século xx, coma Sotomayor,
Arturo Souto, Maruja Mallo, Laxeiro, os membros do Grupo Atlántica…
![]() |
*”Big-Bang vexetal ou irradiación vexetal concentrada” (2000-2002) |
Pola tarde continuamos co Roteiro de Castelao que percorre a Pontevedra máis querida por Castelao, onde desenvolveu boa parte da súa actividade cultural e polÃtica. O Roteiro inclúe a visita de novo ao Museo de Pontevedra. Dúas salas céntranse na obra de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao, sen o cal non se entende o pasado século en Galicia. Castelao foi un dos seus patróns fundadores e
nel custódiase unha parte fundamental do seu traballo artÃstico. Tamén está no Museo a súa biblioteca,
documentos e obxectos da súa actividade literaria, como investigador e
como lÃder do galeguismo.
MoitÃsimas grazas ao noso mestre de ArtesanÃa en Coiro, Pepe Pereira, que organizou e coordinou de maneira marabillosa esta proveitosa visita.