Son moitas as iniciativas xurdidas nestas semanas para facernos máis levadía a corentena. Xa nos fixemos eco en varias ocasións dos recursos informativos e didácticos que nos ofrecen bibliotecas e museos. Moitos deles xa se ofrecían antes da pandemía, outros programas de actividades a través das redes sociais e páxinas web foron habilitados para manter a conexión co público mentres dure o confinamento.
Nesta liña, o xoves pasado inaugurouse Canal Académia impulsado pola Académia de Cinema para dar un impulso á oferta de contidos da súa web.
Canal Academia ofrecerá información actualizada das distintas actividades programadas e do contido posto en marcha, como encontros en Instagram, podcasts, vídeos, visionado de películas…, ademais de novos formatos como master class e charlas da man de recoñecidos profesionais do cinema.
Vídeos de cineastas, directores, actores e técnicos recomendando un
título do cinema español que os emociona especialmente, e os vídeos do
seu arquivo de maneira categorizada, son outros contidos que tamén teñen
cabida en Canal Academia, que se suma á campaña lanzada polo Ministerio
de Cultura #ACulturaNaTuaCasa.
Canal Academia pretende converterse no punto de encontro “para todos os que viven activamente o cinema”.