![]() |
Luns, 26 Febreiro de 19:30 – 21:00 |
Co gallo do cabodano de Álvaro Cunqueiro, o Ateneo Atlántico organiza
esta actividade para lembrar a esta figura imprescindible das letras
galegas. Xesús Alonso Montero falará sobre “O latín, como ‘divinas palabras‘,
na obra de Cunqueiro”. O acto será presentado por Xina Vega e Su Garrido
Pombo interpretará unha canción baseada nun poema de Cunqueiro.