26-10-2023. Conferencia “Antonio Palacios, o Arquitecto da Vila Termal” por José Luis Varela Alén. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]

Antonio Palacios

 Xoves 26 de outubro ás 19:00 horas na hemeroteca

José Varela Alén, comisario da exposición sobre o arquitecto Antonio Palacios recentemente inaugurada en Madrid, centrará a personalidade do
arquitecto a partir das súas obras de Balneario de Mondariz, coincidindo
cos 150 anos da vila termal e a dous meses do 150 aniversario do
nacemento do porriñés.

Varela Alén, ademais de penetrarnos na exposición sobre o arquitecto
recentemente inaugurada no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM).
Antonio Palacios. O rumor da historia, o ruído do tempo” que expón,
entre outras pezas, os deseños e planos da construción da vila termal de
Mondariz, así como a réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo
elaborada polo alumnado do Instituto IES Politécnico de Vigo. 

José Luis Varela Alén, arquitecto, director e actual profesor do IES
Politécnico de Vigo falará da figura de Antonio Palacios na arquitectura
moderna española na que o seu estilo segue sendo incómodo á hora de
ser etiquetaxe polo que el considera unha “personalidade poliédrica
a nivel creativo e de percepción artística e cultural intensa, na que
seguen existindo lagoas dado o seu escaso e ás veces inexistente legado”.

Antonio Palacios é o personaxe que continúa o ciclo de conferencias
“Balneario de Mondariz. A historia e os seus personaxes” que vén
desenvolvendo desde maio en Vigo con motivo da celebración do 150
aniversario de Balneario de Mondariz. Unha viaxe ao pasado o último
xoves de cada mes ata finais do 2023. Esta actividade xorde ante a
necesidade de dar a coñecer a historia deste establecemento fundado
polos Irmáns Peinador que naqueles anos foi o centro da vida social
española e achegar información veraz sobre algúns datos que se coñecen superficialmente, dando lugar moitas veces erros históricos.