25-10-2023. Presentación do libro “A Lagoa máis Fermosa de Tódalas lagoas” [OUTRAS NOVAS]

O mércores 25 de outubro, ás 18:00 h, presentación do libro infantil “A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas”, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Antela Cid e ilustrado por Anabel Montouto. No acto, autora e ilustradora estarán acompañadas polo filólogo e escritor Ramón D. Veiga.

Antela Cid fará unha lectura dramatizada do conto.