25-1-2024. Conferencia “Isaac Peral, a modernización do Balneario de Mondariz”. Ciclo a Historia e os seus Personaxes [OUTRAS NOVAS]

Isaac Peral, no centro, sentado xunto a outros residentes do Balneario de Mondariz

 

Este xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas terá lugar na hemeroteca unha charla ao redor da figura de Isaac Peral e a súa vinculación co Balneario de Mondariz, a cargo de Salvador Fernández de la Cigoña.
Unha conferencia, integrada no ciclo “A historia e os seus personaxes”
dentro da celebración do 150 aniversario do Balneario de Mondariz. 

Mostraranse fotografías ata o de agora descoñecidas das súas estancias
na vila termal, e a súa visita ao Castillo de Vilasobroso.
Quedan na memoria do balneario numerosas anécdotas que demostran a súa
imaxinación e brillante enxeño. Numerosos recordos, entre eles, a súa
firma no Libro de Ouro do establecemento, así como fotografías das súas
diferentes estancias con outros personaxes destacados da sociedade
española daquel tempo. 

O considerado naquela época como o home de moda pola súa xenialidade
creativa, coincidiu con Emilia Pardo Bazán, da que se fixo gran amigo,
integrándose na cuadrilla de verán da escritora.

Desas vivencias e da súa vinculación con Mondariz e Vigo falará Salvador Fernández de la Cigoña Fraga.