28-2-2025. Venres da EMAO presenta “Materias téxtiles. Fíos que conectan o mundo das fibras, teas e tecidos” por Antonio Álvarez Portabales [MODA]

Antonio Álvarez Portabales conecta, dende o mundo da informática e as finanzas, co mundo da moda e do
deseño cursando a especialidade de Moda e confección na EMAO. Esta nova e
apaixonante etapa lévao a investigar as fibras téxtiles, tecidos e teas
plasmando todo ese coñecemento no seu proxecto de fin de estudos.
Antonio compartirá connosco parte de todo este coñecemento sobre os
materiais téxtiles que vestiron ao ser humano desde a prehistoria.

Presentado por Emma González (Mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 28 de febreiro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.