A EMAO, fundamentalmente a través da súa Biblioteca, coordina a presenza nas instalacións da escola doutras actividades que contribúan a aumentar a súa visibilidade pública, fomentando a difusión da cultura na sociedade e permitindo un mellor aproveitamento dos recursos de información dispoñibles, consolidando deste xeito o seu status de referente cultural da cidade.
Estas actividades, encadradas no que denominamos servizo de Extensión Cultural, fomentan e reforzan o uso e coñecemento da Escola como centro cultural, formativo e lúdico, así como a súa vocación de espazo cidadán colectivo.
Deste xeito, as súas instalacións póñense a disposición doutras entidades para a programación de actividades culturais como conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, exposicións bibliográficas, visitas guiadas, etc., actividades todas elas que deberán conter sempre unha temática en relación estreita coas actividades da escola e/ou posuír un marcado carácter cultural de interese xeral. Ademais da posta a disposición dos espazos, préstase a colaboración e apoio necesario para a súa materialización, aínda que sempre será a entidade solicitante a que se faga responsable do seu desenvolvemento e normal funcionamento.
Bases (e impreso de solicitude) para o uso da Hemeroteca por parte doutras entidades
Bases (e impreso de solicitude) do programa de visitas “Coñece a EMAO”