23-5-2025. Venres da EMAO presenta a proxección do documental dirixido por Tamra Davis “Basquiat” [PINTURA]

  

Jean-Michel Basquiat, un xove artista vangardista que pintaba grafitis
en Brooklyn e chegou a ser un dos personaxes máis controvertidos e
famosos da pintura contemporánea mundial. Tras ser descuberto por Andy Warhol a principios dos 80, as súas exposicións convertéronse nun acontecemento dentro do mundo artístico neoiorquino. 
Mentres
os seus cadros eran adquiridos por importantes museos e coleccionistas
privados, incapaz de dixerir un éxito tan fulgurante, mergullouse no
mundo das drogas. Adicto á heroína, morreu dunha sobredose aos 27 anos.

Presentado por Darío Basso (mestre de Pintura da EMAO)
Data: 23 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.