Música, do grego “Mousike”: a arte das musas.
De aquí parte a inspiración do noso deseño. Dos números e os seus misterios
De Phi, un número que nos ten fascinadas. A Proporción Aúrea. O número dourado.
Un número irracional, case máxico, unha constante matemática presente na música, na natureza, no universo… Phi, o número que permitiu a Pitágoras explicar o Universo en clave musical.
O noso proxecto toma a forma dunha buguina mariña empregada como instrumento musical hai 17.000 anos. Phi ascende en espiral polas celas da súa saia. Sobe polos nervios das súas follas. Agóchase no Tetratkis do seu corpiño. Atravesa a madeira do seu mastro. Descansa na súa voluta. Latexa no seu interior, o corazón desta escola e desde o seu rostro pérdese no infinito do universo. A música é a alma do cosmos que se move eternamente nunha sinfonía. A danza das esferas. Pitágoras.
O traballo da especialidade de Moda e Confección xirou ao redor desta filosofía creando un vestido cunha saia en espiral que recordan a buguina, un corpiño como base dun instrumento imaxinario que se escenifica co mastro da espalda. Utilizamos materiais que nos recordan a nosa terra celta: as tinguiduras naturais, as estampacións bótanicas, a madeira o latón e o coiro.
Todo esto para rendirlle homenaxe a música e a riqueza das especialidades da nosa escola.