KK deluxe (party fly)

Retomando o que foi e o que aínda a día de hoxe podedes visitar no espazo EMAO: “O feo”, nós formulamos un tema escatolóxico…porque como tema, poucos artistas se atreven a tratar sobre o. Piero Manzoni é un deles e nós dende a aula quixemos facer un tributo en certo xeito este artista italiano.
Levar o escatolóxico a unha urna expositiva onde todo o mundo o pode observar e admirar é un dos xogos visuais aos que a aula se enfrontou e se lle deu un enfoque de diversión por medio das moscas coxoneras que voan e se divirten ao redor dunha merda moi ben elaborada.
Tanto as moscas (fly) coma a merda están tecidas coa técnica do encaixe de palillos (reiteramos por se quedaba algunha dúbida).
Gozádeo,  e como se di no teatro… “Moita Merda”!!!
So os queda ata o 25 de setembro.

Isto é KK DELUXE…