XV Premio Castelao de Banda Deseñada [BIBLIOTECA]

Tendo en conta a significación do colectivo que traballa na creación
en banda deseñada en Galicia, que é considerado o máis importante do
panorama estatal, a Deputación da Coruña convoca o Premio “Castelao” de banda deseñada.

Poderán presentarse indistintamente:

  • PROXECTOS, que consistirán en un dossier con un mínimo de 16 páxinas
    rematadas, tamaño A4, formato PDF, e unha sinopse detallada do contido
    da obra completa, con unha extensión máxima de tres páxinas.
  • OBRAS COMPLETAS,
    tanto en guión coma en debuxo, en cuxo caso deberán ser orixinais,
    inéditas e non publicadas, na súa totalidade ou parcialmente.

É importante lembrar que establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:

  • MODALIDADE XERAL: obras dirixidas a todo tipo de lectores.
  • MODALIDADE LIX: obras dirixidas ao público infantil e xuvenil.
Aclaración respecto das Bases do Premio “Castelao” de banda deseñada
En relación coa base 3ª aclarar que o formato TIFF é o de entrega da
obra para a impresión do libro, de resultaren premiada. Para a presentación do proxecto ou obra completa farase en soporte dixital,
formato PDF.
 
O prazo de presentación remata o día 10 de xullo de 2020.
 

Páxina web: https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/castelao
Publicación Convocatoria: BOP 22/05/2020 

Publicación Extracto: BOP 05/06/2020