Venres da EMAO 12-5-2023. Conferencia do Ilustrador Andrés Magán [DEBUXO]

 
Andrés Magán acompañaranos neste Venres da EMAO para falar do seu traballo de Banda Deseñada, cartelismo, debuxos e ilustración. Este autor vigués, compaxina a ilustración coa música para centrarse
posteriormente na pintura, a serigrafía e o cómic, traballando neste
caso co selo Fosfatina ou en réxime de autoedición
Confundó o selo Noche Líquida. Os seus traballos
pictóricos e de historieta puidéronse ver en cidades como Vigo, Madrid,
Barcelona, Nova York ou Portland
Magán ten unha linguaxe visual moi persoal e atractiva que nos traslada co seu traballo aos inicios da BD europea, americana e o manga xaponés. 
Presenta: Federico Fernández. Mestre de Debuxo Artístico
Data: 12 de maio 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios 
Entrada libre ata completar aforo.