Exposición no Espazo EMAO: Sen Título [ESPAZO EMAO]

 

Inaúgurase unha nova exposición no Espazo EMAO cos mellores traballos de aula do curso 2021-2022. Na que participan as especialidades de: CAIM Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica, Coiro, Debuxo, Escultura, Moda, Ourivaría, Pintura e Serigrafía.

SEN TITULO:

A ausencia dun título nunha obra de
arte permite ao observador facerse unha imaxe mental e unha opinión
do significado da obra, sen corromper o que representa mediante unha
palabra ou palabras. A linguaxe multiplícase e o que podería ser
unha imaxe única, convértese nunha amálgama de percepcións libres
e sen contaminar.

UBI MOTUS:

Mostrar o proceso de traballo, os
resultados que estamos a ter en cada aula, é o obxectivo desta
exposición sen nome e non o ten porque está en proceso, sen
concluír, en metamorfose, así é a cotiandade destes espazos de
creación e aprendizaxe .

Ao ESPIDO:

Abrir as portas dos obradoiros da
escola e ensinar ao público por onde estamos a camiñar, é un acto
de despojamiento, de quedar en coiros, pero tamén de sinceridade, de
trasparencia, sen ambaxes .

UBI EMAO IBI MOTUS

CRÉDITOS

Título: Sen Título

Lugar:
Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e
Rosalía de Castro.
Datas: do 23 de xuño ao 30 de setembro de 2022.
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Emma G. Pintos e Darío A. Basso, mestres das
especialidades de Moda e Confección e Pintura da
EMAO, respectivamente.
Cartaz: Federico Fernández.
Produción e montaxe: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo  
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga