Ramón Trigo e o seu irmán Xosé volven a sorprendernos con outro proxecto apadriñado polo colectivo “A Madriña”. Desta vez non se trata de dar forma a través da Banda Deseñada a unha historia de trama histórica como foi “Ricardo Mella” ou “Kartofel”; desta vez a historia é de actualidade, en concreto dun acontecemento cercano e persoal: A destrucción dunha casa no monte que foi absorbida polas lapas nun incendio devastador no ano 2017. A historia do desastre, e cómo daquelo levantouse algo novo, é o late motiv deste proxecto tan interesante.
O proxecto abarca varias disciplinas artÃsticas, entre elas a ilustración, a escultura, a pintura e o documental entre outras, porque tamén poderÃamos falar do propio proxecto arquitectónico, cuxa primeira parte está rematada, pero como me contou Ramón, queda moito por facer.
DA DESFEITA UN NOVO FEITO
Levantar das cinzas dunha casa que a priori trala catástrofe non tiña arranxo, para darlle unha nova vida foi unha tarefa que os irmáns Trigo deron feito co seu esforzo. Agora o feito é encher de contidos o espazo. O feito é expoñer obras de artistas. O feito é realizar obradoiros. O feito é recitar poesÃa. O feito é que a porta da “Casa Queimada” vai estar aberta para encher as súas paredes dunha nova vida artÃstica….dun Feito ArtÃstico. Para todo isto e moito máis necesitan recaudar os cartos, polo que emprenderon unha campaña, como as realizadas anteriormente para a publicación dos cómics da factorÃa Ramón e Xosé.
![]() |
Debuxo da casa queimada |
VERKAMI
Novamente utilizan a plataforma de crowdfunding Verkami para poder levar a bo termo este proxecto. As recompensas que poden ter os mecenas son moitas e variadas según o que se quera ou se poida aportar, desde a merca por adiantado do cómic “Casa queimada”, ata facerse cunha peza escultórica realizada en madeira por Ramón ca tenática “Casa queimada”.
![]() |
Escultura da casa queimada |
NO CU DO MUNDO
A casa está situada no Concello da Guarda, lonxe do ruido da cidade. Ramón dicÃame con estas verbas que a casa atópase “no cu do mundo”. O que se escoita nesa paraxe negra é o chorar das árbores queimadas xunto ca casa e as ondas do mar cando chocan cas rochas. O mar está ahà abaixo, supoño que enfadado de ver tanta desfeita provocada polos homes, pensando …Outra vez teño que ver esto. Pero tamén está casa queimada, como un sÃmbolo fÃsico e tanxible das cousas boas que tamén fai o home.
![]() |
Pintura da casa queimada |
VENRES DA EMAO COS TRIGO
O venres 7 de outubro ás 19:00 horas teremos a Ramón e a Xosé presentando este proxecto de crowdfunding. Haberá outras sorpresas que non desvelaremos aquÃ, pero xa adianto que van a merecer a pena. Ese dÃa o tandem artÃstico dos Trigo contaranos o que lles levou a realizar este proxecto co fin de podelo levar cara diante conseguindo o obxetivo dos cartos.
Espero que o consigan