“La ambición de las sombras”. Unha historia de Danny del Toro ilustrada por Raúl Maya
Neste
venres presentamos o libro “La ambición de las sombras”. O seu autor,
Danny del Toro, é un home polifacético, músico harmonicista, actor e
escritor. Visitaranos acompañado dun coñecido da EMAO, Raúl Maya. Este
exalumno de Debuxo actualmente traballa como ilustrador. “La ambición de
las sombras” é o seu segundo libro ilustrado.
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 25 de abril de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.