Bandeira Negra [SERIGRAFÍA]

 Bandeira negra é o proxecto de Cecilia Cruz para o curso Avanzado actualmente exposto no espazo EMAO. O seu obxectivo principal é realizar infografías ciéntificas coa temática do ecosistema de praias e os efectos negativos da limpeza mecánica sobre o mesmo. Moitos dos gráficos xorden a partir dos estudos proporcionados por Mariano Lastra, catedrático do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. Cecilia explica así o seu proxecto

A
él débolle tamén o meu agradecemento por ter suxerido a idea.
Dende un principio, o proxecto tivo un carácter experimental. Mentras
xeraba os diversos gráficos (algúns vectoriais, outros cun carácter máis
analóxico coma as ilustracións) e os adaptaba ao proceso serigráfico,
probei diversos materiais como base e incluso cheguei a crear unha
tintura a partir de algas frescas, que finalmente foi descartada. O
medio escollido foi a madeira, cun fondo escurecido por pintura acrílica
e algúns puntos de luz proporcionados por recortes de revistas
engadidos a modo de collage. A tinta branca é de base auga, sendo a
solución máis sostible.


Todo aquel interesado en examinar con calma os datos, ten
dispoñible un pdf para descargar pinchando aquí.

  



 



 


Unha vez rematados os pósters, diseñei folletos cun código QR que
redirixe a esta web. Pensando en facer un diseño que se poida
aproveitar con posterioridade, a outra cara é unha lámina estampada a
man que quizáis a alguén lle apeteza conservar.  

Por último, e
para integrar a obra no espazo, instaláronse tres marcos de cartón
reciclado pintados con acrílico dourado e recubertos con area e algas
recollidas na praia dos Olmos (Vigo).


 


 https://atlanty.co/