XV Biennal Internacional de Cerámica de Manises [OUTRAS NOVAS]

 

O Concello de Manises convoca a XV Bienal Internacional de Cerámica de Manises. O concurso conta,
unha vez máis, con dúas categorías: Cerámica de Arte e Deseño de
Produto, dentro das cales se establecen diferentes premios dotados de
contía económica. O obxectivo do certame é, por tanto, dobre. Por unha
banda, poñer en valor a cerámica de autor como medio de expresión
artística. Neste sentido, os últimos anos preténdese atraer todos
aqueles creadores que utilicen a cerámica como vía de expresión,
independentemente da súa formación, para acoller a pluralidade, a
diversidade e a complexidade da arte contemporáneo. Doutra banda, apoiar
os produtos de deseño con capacidade de ser reproducidos
industrialmente, un aspecto moi importante para o desenvolvemento e a
innovación do sector cerámico industrial do noso territorio.

O prazo de inscrición finalizará o 15 de novembro de 2021. BASES