Onte foi un dÃa cheo de emocións, o noso querido mestre de cerámica, Miguel Vázquez, remataba a súa última xornada laboral, atrás quedan 36 anos dedicados ao ensino da cerámica artÃstica. O seu labor, a súa profesionalidade, a súa calidade humana están a dar froitos, son moitos os obradoiros e os cerámistas que traballan na nosa cidade ou na provincia que tiveron o seu primeiro contacto coa arxila na nosa Escola, aos que Miguel transmitiu a súa paixón pola cerámica e aà seguen,
enganchados a esta actividade artesanal cuxo orixe se perde na noite dos tempos.
enganchados a esta actividade artesanal cuxo orixe se perde na noite dos tempos.
Foron moitos os alumnos e exalumnos desta especialidade que onte achegáronse á Escola para despedirse del, unha merecida homenaxe, ao mestre, ao artesán e ao artista que é.
As túas compañeiras e compañeiros de traballo desexámosche o mellor. A
túa nova vida comeza agora. Estás no momento perfecto para facer todo
aquilo que che apaixona. Feliz xubilación, Miguel! Botarémosche de menos!
Grazas a todos e todas os que colaboraron para facer de onte un dÃa inesquecible.
Aquà tedes algunhas fotos para o recordo…
![]() |