Miguel Vázquez que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986 ata 2022, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o tÃtulo Itinerario, paradas e vivencias, Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.
Miguel Vázquez nace en Vigo, en 1956. A súa traxectoria caracterÃzase por unha ampla formación cerámica que percorre centros como Sargadelos, a Escola de Cerámica da Bisbal, o taller de Emidio Galassi en Faenza (Italia) ou The European Ceramic Workcentre de Holanda. A súa primeira exposición individual é na galerÃa Sargadelos de Santiago e desde entón participou en innumerables exposicións, percorrendo o mundo desde Salamanca, Vigo, Barcelona, Zaragoza, SuÃza, China, Xapón, Holanda, etc. Recibiu numerosos premios nacionais e internacionais.
É membro da Academia Internacional de Cerámica en Ginebra (Suiza). Conta con obra en coleccións institucionais como a Xunta de Galicia, Deputación de Cantabria, Fundación Joseph Llorens Artigas, Deputación de Pontevedra e o Museo Het Kruithuis de Holanda.
Presentado por Mª Jesús Cuesta (Bibliotecaria da EMAO)
Data: venres 5 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo