8-3-2024. Venres da EMAO presenta “LABRA. Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais” [CAIM ZANFONA]

“LABRA. Asociación profesional galega de construción de instrumentos musicais”

Empregar
estas liñas para presentar a asociación LABRA sería restar contido ás
palabras dos que veñen a falarnos dela. Logo de dous anos de andaina,
cinco dos seus compoñentes nos desvelarán cales son as motivacións que
puxeron en marcha esta iniciativa, e cales as accións que levan a cabo.
Intervirán os membros da directiva Ana Fariña, Marcos Domato, Xosé Maceda, José Catoira e Tony Esparís.

Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: 8 de marzo de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo