Datas: Entre o 4 e o 22 de xullo de 2025. Horario de mañá
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante
- DNI
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se éo caso.
- Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2024-2025
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00.00h do 16 de xuño, ata as 24.00h do 20 de xuño de 2025. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
- A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.

Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade de ARTESANÍA EN COIRO da EMAO.
Destinatarios/as: Persoas interesadas en achegarse ao Coiro e descubrir as súas posibilidades creativas e prácticas. Preferiblemente sen coñecementos previos.
Obxectivos:
O bornal de caza é unha bolsa de pel ou coiro que os pastores e os cazadores levaban no seu lombo para portar os elementos de uso cotián que empregaban nas súas saídas ao campo ou ao monte. Nesta aproximación realizaremos unha peza deste tipo que estará elaborada integramente á man. Traballaremos sobre dous tamaños de padrón adaptándonos ao gusto do alumno tanto nesta selección coma na decoración. Queremos revivir esta peza en desuso e que resulta moi cómoda e práctica.
Contidos:
– Aproximación ao coiro e aos procesos de curtido
– Inmersión na costura de “Guarnicioneiro”
Material a achegar polo alumnado:
Coiro vacún (3 pés); serraxe (6 pés); correas de vacún (2); 10 metros de tireta de coiro e 3 fibelas. Non fai falla traer os materiais o primeiro día, hai posibilidade de facer unha compra en grupo de materiais para abaratar o custo.
Alumnado máximo: 12

Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa interesada.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: No curso 2023/24 os obradoiros de Pintura e Debuxo realizamos un Monográfico onde abordamos e emulamos aos Mestres da pintura e o debuxo ao natural, no que se coñece na historia da arte como “Pleneirismo”. Para este curso 2024/25 realizamos unha segunda parte desta andaina pictórica pola cidade, cun cambio significativo da contorna a debuxar. O que antes era natureza, mar, arboreda e rochas na contorna de Samil, desta vai ser formigón, asfalto e tráfico pintando polo centro da cidade de Vigo. Os obradoiros de Pintura e Debuxo en conxunto propoñen a práctica desta actividade realizando inicialmente uns exercicios de aula para posteriormente saír pola contorna da cidade de Vigo co alumnado, fomentando nesas prácticas finais a expresión da cor, a composición e a perspectiva a “plein air”.
PROGRAMA:
Obxectivos:
– Coñecer dun xeito introdutorio a historia da pintura do natural
Contidos:
– Introdución a pintura do natural. Historia
– Introdución ás técnicas pictóricas de procedemento rápido
Alumnado máximo: 15

Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.30h a 13.30h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Este monográfico está enfocado á experimentación e á aplicación de materiais naturais e reciclados na creación de xoias ou obxectos, na liña da xoiaría contemporánea, encamiñando o enfoque á xoiaría de autor. A intención é realizar e rematar unha peza con materiais naturais como ramas, follas, musgos, pedras ou vidros da praia, cunchas, etc. ou con materiais de reciclaxe como plásticos, partes de obxectos desbotados, papel, etc., pero ademais incorporaremos a reprodución dalgún destes obxectos a través da técnica de fundición en area a pequena escala.
PROGRAMA:
Obxectivos:
– Construír unha peza con materiais naturais (pedras atopadas, ramas de árbores, musgos, follas, cunchas…)
– Lograr dúas pezas artísticas, funcionais e na liña da xoiaría contemporánea
Contidos:
– Introdución histórica e artística do traballo con materias naturais e de reciclaxe.
Material a aportar polo alumnado:Os materiais e consumibles que se empregarán terán un custo aproximado de 15 -20 €, que implica a compra de fío de latón e distintos consumibles comúns como brocas, fíos de segueta, lixa, etc.; o primeiro día do curso indicaráselles que é o que se merca co bote. Precisan tamén mandil ou bata para traballar.
Alumnado máximo: 12

Impartido por Alba Pardo e Emma Pintos, mestras das especialidades de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA e MODA E CONFECCIÓN da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 09.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Achegar ao alumnado a serigrafía téxtil e a confección de pezas sinxelas.
PROGRAMA:
– Achegamento ao proceso básico da serigrafía
– Confección dunha peza de roupa sinxela
Material a achegar polo alumnado:
Cinta de embalaxe; cinta de pintor; tesoiras para téxtil; acetato transparente; cinta métrica; alfinetes (especificaranse as medidas o primeiro día)
Alumnado máximo: 10

Impartido por Carlos Corral, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- GAITA da EMAO.
Destinatarios/as: en xeral, persoas que estean en posesión dalgún instrumento de vento tradicional que necesite algún tipo de reparación ou mantemento.
Datas: do 7 ao 17 de xullo, de 10.00h a 14.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Coñecer tódolos aspectos importantes para un bo mantemento do instrumento; saber efectuar pequenas reparacións que se poden realizar sen necesidade de acudir a un artesán (cambiar cortizas gastadas, substituír unha anela rota, renovar o aspecto exterior, sexa encerado, aceitado ou vernizado, etc.
PROGRAMA: o programa poderá ser flexible en función das necesidades dos instrumentos achegados polo alumnado pero, previsiblemente, constará de:
– Cambio de cortizas
– Cambio de foles, etc.
Material a achegar polo alumnado:
Instrumento ou instrumentos sobre os que traballar (gaita, pito, requinta…).
Alumnado máximo: 6

Impartido por Xaime Rivas, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- ZANFONA da EMAO.
Destinatarios/as: persoas interesadas en adquirir habilidades relacionadas coa carpintaría/artesanía.
Datas: do 7 ao 22 de xullo, de 10.00h a 13.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Familiarizarse coa ferramenta manual propia da carpintaría. Coñecer as técnicas que permitan o emprego das mesmas en condicións óptimas.
PROGRAMA
– Construción dun portacandelas ornamental
– Construción dun quebranoces
Material a achegar polo alumnado:
Madeira de faia en táboa (gasto compartido entre os asistentes); taboleiro de contrachapado (gasto individual).
Alumnado máximo: 6

Impartido por Marian Núñez e Rosa García, mestras das especialidades de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS e TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA da EMAO.
Destinatarios/as: alumnado creativo con interese en coñecer e experimentar a técnica do gravado en relevo e o bordado sobre papel.
Datas: do 4 ao 16 de xullo, de 10.00h a 14.00h. Duración: 36 horas
Obxectivo: Desenvolver e comprender o gravado en relevo como medio expresivo xunto ao bordado en papel para xerar estampas artísticas.
PROGRAMA
– A obra seriada, principios xerais
– Aplicación do bordado sobre o gravado
Material a aportar polo alumnado:
Pranchas de gravado en linóleo; papel de gravado; papel de calco; fíos; agullas; esponxa
Alumnado máximo: 10.
