Fotos da Conferencia Achegámonos a #BiblioMARCO- Actividades e perspectivas dunha biblioteca de arte contemporánea [VENRES DA EMAO]

 

Moitas grazas a Iria Fernández Mouriz, responsable da Biblioteca e Centro de Documentación do MARCO, por colaborar connosco nos venres da EMAO.
Unha mágoa que máis persoas non puidesen gozar da súa conversa. É
unha delicia escoitar a alguén que goza tanto do seu traballo e que é
ademais unha boísima comunicadora. Esperaremos aos fríos do inverno para que nos visite de novo.