Europa volverá celebrar Días Europeos da Artesanía do 28 de marzo ao 3
de abril de 2022. Durante esa semana ofreceranse actividades gratuítas
que achegarán a visitantes e curiosos de todas as idades á esfera da
creación artesanal. Feiras, xornadas de portas abertas en talleres ou na
nube, demostracións en directo, exposicións presenciais ou virtuais,
conferencias, etc. tanto en formato presencial, respectando todas as
medidas de protección, como en formato virtual ou ambos á vez. Unha
semana ao redor da artesanía, na que se convida a participar a artistas
que desexen mostrar as súas creacións e compartir os seus procedementos
de traballo co público.
O prazo de inscrición de actividades para artesáns e institucións
públicas e privadas xa está aberto na web www.diasdelaartesania.es, onde
se irá actualizando progresivamente o programa de actividades
propostas.
O obxectivo destas xornadas é achegar ao público os segredos do traballo de lutieres, xoieiros/ as, ceramistas, encaxeros/ as, ferreiros/ as, tecedores/ as
e todo tipo de oficios artesáns, para difundir a súa enorme riqueza e
singularidade. En Europa celebrarase noutros 10 países: Alemaña,
Bélxica, Bulgaria, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Portugal, Suíza e
Ucraína.
Esta iniciativa é promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI), fundación pública e primeira escola de negocios de España, e a
súa área de promoción da artesanía, Fundesarte xunto a Oficio e Arte, Organización dos Artesáns de España.
Máis información en: www.diasdelaartesania.es