Arte de Man: 12 de Setembro en Allariz [OUTRAS NOVAS]

Arte de Man volta ás rúas de Allariz o 12 de setembro. Ao redor dunha vintena de artesáns tanto locais coma do resto da
comunidade estarán dando mostra do seu traballo o domingo 12 de setembro
en Allariz.

Este ano 2021, Arte de Man estreará nova localización dentro do casco
histórico de Allariz . Durante a xornada dominical, a rúa Santo Estevo
acollerá esta edición do Mercado de Artesanía. O cambio de localización
ven dado pola situación actual da pandemia, aínda que manterá a súa
esencia de celebrarse nas rúas de Allariz, cambiando de emprazamento
cara a zona da Igrexa de Santo Estevo. A cita, reunirá a artesás
galegos/as en horario ininterrompido de 11:00h a 20:00h.

Arte de Man ofertará exposición e venda de distintas disciplinas
artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura,
debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e
madeira, entre outros.