![]() |
Toño co autor deste artigo e o daquela concelleiro de Patrimonio histórico, Xosé Carlos Arias |
“Se alguén merca un cesto, está mercando o traballo dun artesán e parte da historia dunha zona”.
Toño González, Toño do Val.
Chéganos con tristura a morte de Toño Do Val, Toño Cesteiro o pasado xoves. AbondarÃa co precioso obituario escrito polo seu amigo e biógrafo Plácido Romero, pero as lembranzas e o recoñecemento queren que eu tamén escriba estas liñas.
Toño non só era un artesano excepcional, senon tamén un investigador, conservador e divulgador de primeira orde. Foi, ademais, unha persoa fondamente coherente entre o seu pensar e o seu intenso vivir, intelixente, culta, convincente, admirable.
Tiven o privilexio de traballar con el, xunta a Antonio Suárez e Montse Rial, nos anos que pasou en Vigo, como mestre e experto en cesterÃa tradicional na infelizmente desaparecida Casa do Cesteiro, dentro das iniciativas de formación e rexeneración cultural e económica do Casco Vello do programa europeo URBAN.
![]() |
Nasas de rÃo realizadas por Toño |
A súa lucidez e coñecemento fondo e vÃvido da nosa cultura tradicional era extraordinaria. Tiña claro, e transmitÃa coa mesma intensidade e advertencia, que sen unha metodoloxÃa de investigación en contacto cos derradeiros artesanos do oficio aÃnda vivos daquela, serÃa imposible rescatar as técnicas e perderÃase para sempre a posibilidade de coñecer e reproducir as pezas da que constitúe, penso, a cesterÃa tradicional máis rica, variada e aÃnda mellor conservada do mundo. E con esa perda, perdemos un inorme legado etnográfico dunha artesanÃa ancestral cuxos productos acompañaron e serviron ao ser humano dende os seus inicios como especie.
Investigou daquela, con paixón e excelencia, xunta con Montse Rial dende a Casa do Cesteiro viguesa, a cesterÃa vencellada co mar en Galicia e documentou con precisión a construción de nasas, patelas, esportas ou traÃñas das nosas rÃas. Cestos que formaron parte inseparable do traballo, almacenamento e transporte de peixe durante séculos ata o último tercio do século XX. Aquel traballo deixounos o documental “Cestos do mar”, publicado pola editorial Monesma, co Museo do Mar, Deputación e Patrimonio Histórico do Concello de Vigo en 2005.
A Nosa Terra 949. ano 2000 |
Con Toño vaise un grandÃsimo coñecemento, non só teórico, senon tamén práctico, referencial e vivido radicalmente da nosa etnografÃa, dos xeitos de vida do noso esquecido e valioso mundo rural.
Adeus, Toño, mestre; que a Terra que tanto amaches te acolla co mesmo agarimo que ti lle deches.
[Déixovos o imprescindible documental realizado por Plácido Romero sobre a vida e pensamento de José Antonio González, Toño do Val, como el quixo, aqueladamente, chamarse]