ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO. HISTORIA.
No ano 1886 inaugurábase, na antiga rúa do Circo, a Escola de Artes e Oficios. A Escola foi unha iniciativa da Sociedad de Socorros Mutuos La Cooperativa, presidida por Manuel Diego Santos. O 26 de setembro de 1886 verificábase a apertura do primeiro curso nun acto solemne presidido polo ex ministro da Primeira República, Eduardo Chao, que fixo o discurso inaugural. Comeza así a desenvolverse un ambicioso programa de estudos dirixido á capacitación básica dos e das traballadoras. A sociedade viguesa de 1886, en plena expansión e desenvolvemento industrial e comercial, necesitaba dunha instrución técnica para os cadros que a estaban formando, desde os obreiros ata a burguesía emprendedora; tamén a mellora das condicións ecónomicas e sociais dos obreiros constituía un dos obxectivos do centro.
Desde o 10 de outubro de 1888 o Concello de Vigo faise cargo da Escola e pasa a ser o xestor e principal financiador da Institución, con subvencións puntuais da Deputación, do Estado e dalgúns cidadáns.


Ante o éxito da iniciativa, axiña foron insuficientes os locais elixidos para a súa sede na rúa do Circo (hoxe Eduardo Iglesias). No ano 1900, despois de 14 anos, a Escola abandona a súa antiga sede para trasladarse aos edificios que actualmente ocupa: un encargo de José García Barbón ao arquitecto Michel Pacewicz. Para levar a cabo este proxecto, García Barbón doou os terreos, costeou o edificio e completou a súa doazón con material de ensino, maquinaria e libros para formar a biblioteca que aínda hoxe existe e que no seu momento foi a primeira biblioteca pública da cidade. Sempre coa convicción de que sería para o beneficio da clase obreira a “cuxa instrución, cultura e progreso van unidos o progreso, adianto e cultura dos pobos”.
En 1904, García Barbón amplía o centro coa construción do chamado edificio “anexo”, onde se instala a Escola Superior de Artes e Industrias; nese mesmo ano fai entrega ao Concello da Escritura de doazón dos dous edificios.Desde o 10 de outubro de 1888 o Concello de Vigo faise cargo da Escola e pasa a ser o xestor e principal financiador da Institución, con subvencións puntuais da Deputación, do Estado e dalgúns cidadáns.
No momento da súa creación, a Escola veu encher o baleiro na formación da clase obreira que existía no sistema educativo; os seus obxectivos foron a formación técnica dos obreiros, o perfeccionamento dos seus oficios e a compensación das carencias educativas de moitos dos seus alumnos, pero o feito indiscutible é que contribuíu de xeito decisivo ao desenvolvemento ecónomico e cultural da nosa cidade.
A Escola de Artes e Oficios acompañou e garantiu o desenvolvemento da cidade, tanto no que se refire ao industrial como ao arquitectónico, social e artístico, especialmente dende o inicio ata o derradeiro terzo do século XX, momento no que a aparición e implantación progresiva dun ensino profesional e técnico oficial nos anos 70 significou, primeiro, a decadencia e, logo, xa coa Democracia, a recuperación da institución sen que se perdesen, renovándoos, os principios de educación popular e permanente, compromiso social, excelencia técnica, interdisciplinariedade e creatividade que alumaron as súas orixes.Desde o 10 de outubro de 1888 o Concello de Vigo faise cargo da Escola e pasa a ser o xestor e principal financiador da Institución, con subvencións puntuais da Deputación, do Estado e dalgúns cidadáns.

Hoxe a nosa centenaria escola continua o seu labor educativo. No ano 2015 aprobase un novo plan de Estudos, que comeza a súa andaina no curso 2015-2016, coa intención de que a Escola poida cubrir un lugar de oportunidade inédito, situado entre a demanda de formación profesional regrada en Arte e Deseño e a animación socio-cultural.
Na actualidade é un centro de ensinanza non regrada para adultos, cun programa que abrangue materias moi diversas, desde o ámbito das belas artes ata os oficios máis artesanais, cunha orientación máis profesional. Disposta, como sempre, a prestar á nosa cidade un servizo no ámbito formativo das persoas ao longo da súa vida.