Por fin teremos a presentación do método: Pito Galego – Método práctico. Este proxecto sae á luz con dous formatos: web e papel, a versión en papel esta editada pola editorial ouvirmos. A presentación será o vindeiro día 23 de outubro ás 19:00 h. na hemeroteca da escola. Animádevos a vir. A continuación deixovos un pequeno texto descriptivo do libro, e unha pequena reseña sobre o seu autor: Moisés Quintas
Pito Galego: Método Práctico
Un libro e unha web forman o proxecto “Pito Galego”.
Nos dous formatos complementarios, fálase da orixe e evolución do instrumento e faise un estudo riguroso dos distintos pitos. Adxúntanse fotografías, máis de 250 gravacións de audio, máis de 200 exercicios progresivos, técnica, articulación, afinación, respiración… máis de 50 melodías tradicionais galegas (Alalás, Alboradas, Muiñeiras, Pandeiradas …) ordenadas por grao de dificultade, un obradoiro para construír o teu propio Pito de cana e moito máis… Son as palabras do mestre artesán Antón Corral as que abren este método, unha das persoas máis relevantes no mundo da Música Tradicional Galega, e a quen, sen dúbida, debemos a recuperación e perfeccionamento do Pito Galego.