Despois do éxito acadado coa exhibición de “Proxecto apertura”, que inaugurou a nova sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo –-o “Espazo EMAO–, ábrese unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen p
ublicado na prestixiosa editorial Kalandraka. Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero
, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Riv as, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva son os dez ilustradores
que participan na exposición “Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego”, que se pode visitar no Espazo EMAO da Esco la Municipal de Artes e Oficios de Vigo a partir deste venres, 15 de abril, e ata o 10 de xuño. A mostra reúne -por primeira vez en Vigo- un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a un ha vintena de álbums editados por Kalandraka.
As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pas
ando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel
Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios,
senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos
acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas”.