Con esta Nova, e co comezo do ano 2026, a EMAO inicia unha ilusionante nova etapa na súa presencia en internet.
Coa intención de que resulte máis amplo, completo e rico o coñecemento por parte da cidadanÃa das actividades que se desenvolven na Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, nesta web poderedes atopar información en detalle das convocatorias, programas, actividades, etc que xera o persoal que conforma o equipo humano da EMAO, e o seu alumnado.
Toda a actividade en internet previa da EMAO, desde o ano 2010 ata o ano 2025, pode ser consultada en no blog da EMAO (emaonlinecovid.blogspot.com.)
Agardamos que esta nova ferramenta permita un mellor coñecemento e un mellor aproveitamento, por parte de todas as persoas interesadas, do ambiente creativo, no mundo artesanal e artÃstico, que acollen as paredes desta centenaria institución.Â