O “Espazo EMAO”, denominación da sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, está ubicado na planta baixa do edificio Anexo da Escola, con entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro.
A finalidade principal deste espazo é establecer unha canle de comunicación e colaboración entre a Escola e a cidade mediante a mostra organizada tanto do traballo artístico, artesán, de investigación ou difusión realizado como consecuencia da súa actividade, como de calquera outros elementos ou materias que teñan relación con ela.
Deste xeito, poderanse tamén programar actividades promovidas por outras entidades que presenten proxectos expositivos coherentes coas finalidades e misión da Escola, sempre que a súa temporalización sexa compatible co obxectivo principal deste espazo expositivo: a programación propia da EMAO e as súas especialidades.

Exposición “Noiroeste. A Reserva Occidental”. VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO
“Noiroeste. A Reserva Occidental”, representa a sétima edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidada xa como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A