Venres da EMAO

Os “Venres da EMAO” é un programa, de periodicidade semanal, de actividades relacionadas coa temática das especialidades e finalidades formativas e culturais da escola, abertas ao seu alumnado actual e antigo, e ao público en xeral.

Trátase dunha programación ideada e deseñada pola dirección, xefatura de estudos e profesorado da Escola, organizada e producida por esta, con recursos humanos e materiais propios, na que participan todas as especialidades da EMAO.

Deste xeito, prográmanse actividades de moi diversa tipoloxía: clases maxistrais de persoas externas ou de mestres da especialidade, conferencias, demostracións, presentacións do traballo ou obra de persoas relevantes ou interesantes nun ámbito relacionado con algunha  das especialidades e/ou actividades da escola, proxección de películas de interese temático (cinefórum)…

Desenvólvense habitualmente na Hemeroteca-Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios da EMAO, os venres lectivos do ano, entre as 19.00h e as 21.00h, coas excepcións motivadas pola dispoñibilidade e posible duplicidade de actos.