Venres da EMAO 25-11-2022. Grandes Ourives: a Casa Fabergé [Ourivería]

 

A mediados do século XIX nace a Casa Fabergé, ligada á Rusia dos Zares coa creación dos Ovos Imperiais. Esta Casa chegou a producir en 35 anos máis de 250.000 pezas. 

O documental Fabergé, os obxectos de desexo” mergúllanos nun universo incrible, volve sobre o destino do Clan Fabergé
e explora todo o seu traballo. Unha aventura humana excepcional que
tivo lugar nun Imperio ruso en declive a piques de ser varrido pola
revolución.