Venres da EMAO 21-4-2023. Mario López: A Singularidade do Obxecto [OURIVARÍA]

O artista e ourive Mario López adicado a xoiaría artística destaca por ter unha obra persoal e particular. Nesta conferencia levaranos por unha restrospectiva da súa obra, para falarnos dos seus inicios, das súas creacións, das influencias na súa obra tales como o debuxo, a pintura, a reciclaxe e actualmente a cerámica, na que nos amosará o seu estilo propio e maneira de traballar.

Presenta:  Sandra de Jesús. Mestra de Ourivaría
Data: 21 de abril de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Entrada libre ata completar aforo