Venres da EMAO 10-3-2023. Silverio Rivas [Escultura e Talla en Madeira]

 

Silverio Rivas non necesita presentación, xa que forma parte da historia viva da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Sendo moi novo, formouse entre estas paredes con mestres históricos como Camilo Nogueira. Pioneiro da Abstración Escultórica en Galicia despuntou nos anos 70 e formou parte do grupo Atlántica nos anos 80. Silverio é un grande da escultura galega contemporánea.

Presenta:  Rosa García. Mestra de Escultura e Talla
Data: 10 de marzo de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo