María Moreira. Rompendo Moldes na Moda [VENRES EMAO]

    Publicado en Faro de Vigo

 

Grazas a Faro de Vigo polo artigo sobre María Moreira que esta tarde protagoniza un novo Venres da EMAO.

María Moreira é unha deseñadora galega cunha recoñecida
traxectoria no mundo da moda. Comezou moi nova coa súa marca e axiña se
fixo un oco entre os deseñadores noveis da España dos oitenta, sendo
pioneira na Pasarela Cibeles. María Moreira establecera unha estreita
vinculación coa denominada
Movida viguesa e madrileña. É nese marco no que entra en contacto co
mundo do cine colaborando con Pedro Almodóvar en películas como ‘Pepi,
Luci, Bom y otras chicas del montón’ e ‘Mujeres al borde de un ataque de
nervios’, na que se ocupou do vestiario de Carmen Maura; ou con Rafael
Moleón en ‘Baton Rouge’.

Hoxe, xa xubilada segue a traballar nun proxecto de inclusión a través
da moda en Cabo Verde, onde inaugurou o seu primeiro pase en xullo de
2016, que leva o nome de Rendeiras Desing Academy.

Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 24 de febreiro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo