![]() |
Foto de Sonia Daponte en Vigo-e |
Recomendamos o artigo que publica o xornal dixital VIGO-e sobre a nosa
Escola no que se repasa desde o seu significado histórico para a cidade
de Vigo á súa situación actual.
Fai incapé no impulso a nivel de popularidade que supuxo a publicación no 2019 da
novela de Domingo Villar, O último barco, que situou gran parte da súa
trama nos espazos desta centenaria Escola.
Resalta a importancia da nosa biblioteca que na actualidade desenvolve unha dobre función por unha banda, a conservación de todo o seu
patrimonio histórico e por outra, a a consolidación dunha biblioteca moderna
especializada no ensino das artes e dos oficios tradicionais e
artÃsticos.
O artigo acompáñase dunha variada selección de fotos das diferentes aulas e talleres e da Biblioteca.