29-2-2024. Conferencia “O oficio de formaire. Moldes para a elaboración do papel artesanal” por Serge Pirard [OUTRAS NOVAS]

Xoves 29-2-2024 de 19.30 a 20.30

Nesta conferencia Serge Pirard, un dos poucos artesáns que continúa co oficio case en extinción, de fabricante de moldes para a elaboración de papel artesanal, falaranos de como se realizan estes moldes. Desde a selección da madeira adecuada para realizalos, ata o molde final. 

Hai ao redor de 100 pasos para fabricar un molde para elaborar o papel adecuado. Existen principalmente tres tipos diferentes de moldes,
nesta conferencia tratará os máis importantes: do traballo da madeira para elaboralos, das unións específicas
das barbas que lle dan un carácter propio e diferencial co papel feito a
máquina, explicará o traballo no tear para torsionar o arame, o pegado das cubertas, o acabado e por suposto falaranos das filigranas, da luz e a sombra.

Entrada gratuíta con reserva previa (aforo limitado). 
Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios. C/ García Barbón n° 5, Vigo

Máis información:

Espacio Hylica 
https://www.instagram.com/sergepirard/?hl=es
https://www.facebook.com/papermouldmaker/