Hoxe estamos tristes por compartir
con vós a perda do noso alumno e amigo Motoo Ishiwa. Motoo chegou de Xapón a
España como músico flamenco, profesión que o levou a compartir escenario con
algúns dos grandes. Na súa madurez despois de moito percorrido acabou
instalándose en Vigo onde non dubidou en seguir desenvolvendo as súas afeccións
artÃsticas na Escola de Artes e Oficios, nas aulas de Escultura e Talla e
Ouriveria, pero como persoa inqueda con ganas de aprender, de investigar, de
ampliar coñecementos e de compartilos, foi doado atopalo nalgunha outra aula da
Escola preguntando polas diferentes técnicas e vendo o que se cocÃa nos talleres
deste vello edificio.
Un estudante excepcional cheo de experiencias
enriquecedoras que nos trouxo alegrÃa, compañeirismo, creatividade e bo facer.
Boa viaxe Motoo, es parte da nosa memoria.